Ferido de gravidade un home tras recibir un estacazo na cabeza nunha liorta

A vítima, de 30 anos de idade e veciño de Ortigueira, foi agredido por outro home de 49 anos e da mesma localidade durante un enfrontamento
header-1500838719184-medium

A Garda Civil de Ortigueira procedeu á detención dun veciño da mesma localidade, de 49 anos de idade, tras ferir de gravidade a outro home de 30 anos e residente no mesmo concello.

Os feitos sucederon no concello veciño de Mañón, cando tanto o agresor como un familiar atopábanse na beiravía da estrada tras cargar un camión de madeira, momento en que a vítima parou o seu vehículo e diriuxese a eles, producíndose a continuación unha disputa sen que se coñeza ata agora a orixe. Posteriormente, o detido colleu un pau das ramas das árbores que se acababan de tallar e golpeou na cabeza ao agredido, caendo este a o chan e quedando inmóbil.

Cando o agresor comprobou que a súa vítima non respondía tratou de auxiliarlle e chamou rapidamente ao 061, acudindo ao lugar unha ambulancia que evacuou ao agredido ata o CHUF de Ferrol, onde tivo que ser trasladado ao CHUAC da Coruña.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.