O triatleta Jose Garrote ingresa na UCI tras ser atropelado por un camión no polígono Río do Pozo

O accidente tivo lugar onte pola tarde despois de que o trailer non respetara un stop, provocándolle a rotura de seis costelas e unha clavícula
EhnLUExX0AE3iw9

Todo o corpo de Triatlón Ferrol está conmocionado tras coñecer o aparatoso accidente vivido por un dos seus compañeiros, Jose Garrote, nas inmediacións do polígono Río do Pozo de Narón tras ser atropelado por un camión.

O tráxico suceso tivo lugar o pasado xoves 10 de setembro cando o triatleta estaba adestrando só coa súa bicicleta para preparar as sucesivas competicións deportivas, tras o retraso do calendario motivado polo parón debido á crise sanitaria. Foi nese momento cando un camión que se incorporaba dende a autovía procedente das Pontes non respetou un stop e provocou a estrepitosa caída do triatleta.

Segundo informan dende a entidade deportiva, inmediatamente despois do accidente Jose Garrote foi trasladado de urxencia á UCI no Hospital Arquitecto Marcide pola gravidade das súas feridas, con seis costelas e unha clavícula rotas. Tal e como informaron os seus familiares máis achegados, o deportista encóntrase relativamente ben despois da caída e xa non precisa coidados intensivos.

Porén, dende a entidade deportiva piden moita precaución na estrada para evitar sucesos de tal magnitude, sendo este o primeiro de tal seriedade que viven. O único ocorrido ata o momento fora hai un par de anos, cando o director técnico de Triatlón Ferrol sufrira a rotura dunha clavícula tras caerse da súa bicicleta.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.