Un vehículo detido e outro fuxido nunhas supostas carreras ilegais no Boial, na zona do Parque Ferrol

A Policía Local denunciou a ambos vehículos despois de que os individuos detidos afirmaran estar escapando en cuestión polo turismo dado á fuga
policia56

A Policía Local emitiu o pasado sábado 19 de setembro unha denuncia pola fuxida dun vehículo que circulaba a gran velocidade no entorno da zona do Parque Ferrol, no Boial.

Tras recibir o aviso a través do 092 de que se estaban producindo carreiras ilegais, os axentes observaron no lugar mencionado que dous vehículos circulaban rápido en sentido contrario. Procederon a cortar o carril ao tempo que activaron o sistema luminoso para dar aviso aos condutores de que debían deterse.

Un dos axentes tamén realizou indicacións manuais para parar o vehículo, e tras isto un dos coches detívose, mentres que o outro continuou dándose á fuga. Os ocupantes do vehículo detido manifestaron ter sufrido ameazas e agresións por parte dos ocupantes do outro vehículo, os cales comezaron a increpalos no estacionamento do Burger King.

Finalmente e tras engadir que estaban sendo perseguidos no momento no que chegaron os axentes, a Policía Local formulou denuncia administrativa de tráfico ao vehículo identificado e tamén ao fuxido.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.