A pivote Jenna Allen estará outro ano máis baixo as ordes de Lino López

Será a segunda tempada para a mellor reboteadora do BAXI Ferrol e a terceira anotadora con máis de 11 puntos por encontro

A xogadora americana de 23 anos e 1.90 metros foi unha das máis destacadas do equipo ferrolán na pasada campaña, sendo a segunda xogadora que máis minutos disputou e a terceira anotadora, con máis de once puntos por partido, e a mellor reboteadora con máis de seis capturas por encontro.

Jenna destaca por ser moi versátil, xa que tanto pode xogar en posicións interiores cun gran traballo no poste como lanzado de tres puntos cunha boa porcentaxe de acerto. A xogadora destaca sobre os motivos que lle levaron a aceptar a oferta de renovación o gran traballo que tanto o adestrador Lino López como as súas compañeiras realizan, sen esquecerse do apoio incondicional do público.

Sobre o que pode achegar ao equipo ferrolán, Jenna sinala que “xunto coa miña habilidade de xogar no poste e lanzar desde fóra, espero achegar unha actitude positiva e moita enerxía ao equipo”. En canto ao que espera da próxima tempada, a pivote manifesta a súa gran emoción polo que lles espera, lamentando que non se puidese terminar a última debido a crise sanitaria imposta pola Covid-19.

Jenna Allen convértese na undécima compoñente do persoal ferrolán para a próxima tempada, tras as renovacións de Patri Cabrera, Natalia Rodríguez, Sune Swart, Patricia Benet, Anniina Aijanen e Dynn Leaupepe e as fichaxes da valenciana Irene Garí, das arxentinas Andrea Boquete e Julieta Mungo e da canaria Laura Fernández.

Salir de la versión móvil