A prensa uruguaia xa coloca ao defensa Yeferson Quintana no Racing de Ferrol

As negociacións cos brasileños Nathan Palafoz e Elsinho parecen máis avanzadas e, se os trámites administrativos o permiten, o club espera poder incorporalos á disciplina de Larraz este mes

Os rumores sobre a chegada do defensa uruguaio Yeferson Quintana ao Racing de Ferrol parecen estar máis preto de ser unha realidade según apuntan os medio do país sudamericano. O interese da entidade verdiblanca polo central xa saíron á luz fai algo máis dunha semana, pero desde o club tamén declararon que estaban a ter problemas cos transfers dos xogadores extracomunitarios.

Nas últimas horas, varios medios e xornalistas de Uruguai deron por pechada a fichaxe deste potente e xove xogador de 24 anos e 1,93 de estatura que forma parte actualmente das filas do Danubio, da Primeira Divisón, no que está cedido polo Peñarol. O central pasou tamén pola Major Soccer League, xogando para o San Jose Earthquakes e polo Cerro Largo, tamén da Primeira Divisón Uruguaia

Quintana viría cedido ao Racing por una tempada, pero a operación necesitaría o visto bo non só do xogador e do Peñarol, senón tamén do seu actual equipo, o Danubio Fútbol Club, quen onte publicou un comunicado nas súas redes sociais desmentindo as negociacións co equipo ferrolán. Porén, a falta dun mes para o inicio da competición, o Rácing todavía terá que seguir traballando desde os despachos para pechar o plantel de cara ao inicio da tempada.

As fichaxes que sí parecen máis avanzadas son as xa tamén anunciadas de forma oficiosa dos brasileños Nathan Palafoz, procedente do Corinthians, e do mediocentro Elsinho, que milita desde 2016 no Fútbol Club Juárez da máxima división brasileña. O club racinguista tamén admitiu que estaba a ter “dificultades administrativas” para pechar a saída de ambos xogadores cara a Ferrol. As intencións do club é que nun prazo máximo de dez días poidan incorporarse á disciplina de Larraz.

Isma Cerro, máis preto do Andorra de Piqué

Quen parece alonxarse do Racing é o centrocampista Isma Cerro, polo que a entidade verdiblaca tamén mostrara o seu interese, ao igual que outros equipos de Segunda B. O Sporing de Xixón, equipo ao que pertencía ata este martes, rescindiulle o contrato, aumentando así o interese de moitos clubes polo cacereño. Parece que finalmente será o Andorra de Gerard Piqué quen se faga cos servizos deste talentoso mediocentro con ampla experiencia en Segunda División.

 

Salir de la versión móvil