As novas condicións para plantar pataca en Cabanas, As Pontes e A Capela

Os produtores deben comunicar á Xunta que van retomar a sembra e pasar exhaustivos controis

Tralo fin da veda de plantación de pataca nalgúns municipios da comarca do Eume e Ferrolterra, a Consellaría do Medio Rural está a informar aos produtores sobre as novas condicións de plantación nas chamadas zonas tampón, como As Pontes, A Capela ou Cabanas. Respecto ao cultivo do tubérculo, o primeiro paso é informan á Xunta cubrindo o impreso de declaración da plantación, que se poden entregar no rexistro dos concellos afectados ou na oficina agraria de Pontedeume.

Ademáis, durante as charlas informativas, os técnicos da Xunta recordaron que é imprescindible plantar semente certificada e realizar a rotación de cultivo o seguinte ano. O tubérculo, debe ser enterrado un mínimo de 15 centímetros e, ao sachar as patacas, hai que volver a profundizar os regos. Tamén recomendaron retirar o máximo os restos e ventureiras ao apañar as patacas.

Respecto o seu almacenamento, é preciso empregar lugares estancos e limpos, cubertos con mallas finas tipo mosquiteiras, separadas das patacas. A aqueles que teñan couzas no lugar de almacenamento, se lles recomenda poñer trampas.

A pesar de que se levantaron as restricións de plantación, a Consellería de Medio Rural recordou que fará un seguimento exhaustivo das plantacións e manteranse as demais medidas de control e vixilancia previstas na lexislación, co obxectivo último de controlar a expansión da couza.

 

Relacionado:

 

Salir de la versión móvil