Diego Núñez, un dos xogadores máis queridos pola afección de O Parrulo Ferrol, renova outro ano máis

Esta será a sexta tempada que viste a camiseta do equipo ferrolán, onde espera seguir conseguindo grandes avances e incluso cumprir o sono de alcanzar os playoffs da LNFS

O Parrulo Ferrol continúa reforzando o seu equipo nesta nova tempada 2020-2021 na LNFS onde volverá contar cos servizos de Diego Núñez. Esta será a súa sexta tempada no conxunto ferrolán. Coa entidade local conseguiu vivir o ascenso á Primeira División, gañar unha Copa Galicia e unha Copa Deputación, ademais da permanencia na máxima categoría nestas tres últimas campañas, converténdoo nun dos xogadores con máis quilómetros nas súas pernas en O Parrulo Ferrol.

Na pasada tempada, ata o momento da suspensión da competición pola Covid-19, Diego Núñez disputara 23 partidos ligueiros e anotou un gol. En todo este tempo que leva defendendo a camiseta de O Parrulo Ferrol gañouse o agarimo da afección que asiste a cada partido no Pavillón da Malata, sendo un dos xogadores máis queridos e que volverán gozar do seu xogo nesta nova tempada.

Ao ser preguntado pola anterior campaña, o xogador respondeu que, antes da suspensión da competición doméstica, o balance que facían dende dentro do vestiario era moi poisitiva. “Estabamos máis arriba do que moita xente pensaba a principios de agosto e demostramos, polo que temos que seguir nesa liña”.

Publicidad

A nivel personal, Diego quixo destacar o seu constante sacrificio e intensidade, sobre todo a nivel defensivo, algo que non vai cambiar pase o que pase. E xa falando en conxunto, espera un equipo parecido ao que moitos afeccionados disfrutaron o ano pasado. “O primeiro que temos que ser é iso precisamente, un equipo, moi serio e poñerlle as cousas difíciles a calquera. Saíron xogadores que foron importantes durante a tempada, pero temos que adaptarnos outra vez todos, axustar á xente nova e ser competitivos”.

Finalmente, quixo dedicar unhas palabras á afección, que sempre estivo nas boas e nas non tan boas. “Saben que son unha parte moi importante do equipo durante os últimos anos, e queremos que este ano o sigan sendo. Fálase da Malata como un fortín e nunha liga tan dura temos que volver lograr que así sexa”, e esperemos que non erre no seu pronóstico.

Publicidad
Salir de la versión móvil