Héctor Souto seguirá comandando o futuro de O Parrulo Ferrol

O adestrador nado en Chantada seguirá no banco do equipo ferrolán na súa segunda tempada tras as boas sensacións amosadas na primeira

Os cambios e as modificacións procúranse cando algo non funciona ou non da o mellor de si, por iso o Parrulo Ferrol aposta un ano máis polo adestrador que, ata o momento, conseguiu ensinar a mellor cara do equipo ferrolán.

Moi querido pola afección -e non é para menos- Héctor Souto seguirá comandando un ano máis os obxectivos do club tras unha inmellorable campaña que, de non ser pola súa prematura suspensión, de seguro habería obtido mellores resultados.

Tan só no seu primer ano no Parrulo Ferrol e sendo a súa primeira experiencia na LNFS Héctor Souto realizou un traballo excelente e con moi boas sensacións, tras rozar a clasificación para a Copa de España e quedarse ás portas do playoff polo campionato doméstico, de non ser pola crise sanitaria que imposibilitou a finalización da competición.

O mesmo adestrador que conseguiu despertar na afección ferrolá soños que ata o momento parecían inalcanzables intentará manter esta ilusión outro ano máis, aínda que el non cre que sexa só merito seu. “A nivel de primeiro equipo, tanto os meus xogadores como o corpo técnico fixeron un traballo excelso que permitiu cumprir os obxectivos marcados. E a nivel de club, a estructura de base asentouse como referencia en Galicia tras copar as posicións máis altas das principais ligas, polo que hai que felicitalos a todos”, dicía Héctor Souto ao ser preguntado pola última e exitosa tempada.

De feito, esta entrega por parte de todos foi o que lle motivou a seguir outro ano máis na entidade, ademais da entrega que fai partido tras partido a afección. “Creo que con humildade e bo facer acadaremos o que casi logramos a tempada pasada. Ben certo é que aínda nos queda moito por facer para superar obstáculos, pero iso depende única e exclusivamente de nós mesmos”.

Finalmente Héctor Souto dedicou unhas palabras á afección que tras o primeiro día estivo presente, afirmando que estes mesmos son un dos principais motivos que o moven a continuar. “Isto é Ferrol, e oxalá todo normalícese e poidamos voltar a contar con eles ao noso carón. Dende o club intentaremos darlles motivos para que se sintan identificados connosco, e estaremos moi implicados en que así sexa”.

Salir de la versión móvil