Jonathan Enríquez renova outra tempada máis co equipo ferrolán BBCA

O pivote gaditano que destaca pola súa visión e interpretación do xogo participará na que é para el a súa quinta tempada consecutiva no club

Jonathan Enríquez e a directiva do club chegaron a un acordo para estender relacións por unha tempada máis cumprindo desta maneira a súa quinta consecutiva no club. O interior de 1,98 m foi unha peza fundamental do persoal desde o primeiro día que pisou Caranza.

Carlos Cotovad refírese a el como “un xogador doutra categoría que de mozo tiña unha carreira prometedora, pero unha lesión mantívoo apartado e a súa estabilidade laboral levouno a deixar o baloncesto como hobbie”. Cotovad destaca de Jonny a súa intimidación defensiva e a súa calidade ofensiva , provocando o peche das defensas y polo tanto facilitano a consecución dos tiros exteriores.

Tras unha dilatada traxectoria por ligas FEB e chegando a ser internacional de canteira coa selección española, o adestrador Rodríguez valórao como “o xogador con máis experiencia en EBA e ligas superiores que podemos atopar pola zona. En calidade de veterano, goza axudando aos mozos para mellorar”.

En canto ao seu papel na pista, Pablo menciona as súas constantes ansias de gañar, destacando por riba de todo a súa visión de xogo e a súa interpretación no parqué. Deste modo, Pablo Rodríguez terá ás súas ordes a un xogador máis uníndose aos 7 integrantes xa anunciados.

Salir de la versión móvil