Kaoru Morioka quédase un ano máis en O Parrulo Ferrol con ganas de voltar máis fortes ca nunca

O pivote xaponés quixo agradecer a afección o gran apoio amosado na súa primeira tempada a pesar de verse entorpecida pola crise sanitaria

O Parrulo Ferrol aos poucos continúa tomando forma para esta nova tempada 2020-2021 na Primeira División nun equipo que contará con Kaoru Morioka. Esta será a segunda tempada do xogador tras chegar á entidade ferrolá o pasado mes de xaneiro. Ata o momento da suspensión da competición pola covid-19, o pivote xaponés había disputado sete partidos, conseguindo anotar un gol na Primeira División e dúas na Copa Galicia.

Nestes meses o futbolista nipón non estivo parado porque, tras regresar a Xapón, formou parte da Liga Tokyo na Primeira División de Kanto, para así chegar nas mellores condicións á pretemporada de O Parrulo Ferrol.

En canto as sensacións que tivo na súa primeira tempada, Kaoru destacou a gran labor do equipo a pesar das innumerables baixas sufridas, chegando incluso a rozar a clasificación nos playoff polo título doméstico. E é que agora o club ferrolán está a vivir un bo momento tras loitar pola permanencia nas pasadas tempadas, e agora loitando cara a cara cos mellores da LNFS.

Por outra banda, á hora de pensar na seguinte campaña o pivote xaponés cre que vai ser un gran ano debido ás novas incorporacións, e quixo calmar á afección asegurando que vai dar todo o que esté ao seu alcance para axudar o máximo posible ao equipo.

De feito, quixo dirixirse directamente á grada que os empurra todos os partidos xa sexa no Pavillón da Malata como xogando de visitantes, o cal lle sorprendeu gratamente a paixón coa que viven todos os partidos dende o primeiro minuto, como se fosen o sexto xogador no campo.

“Oxalá todo volva á normalidade e a xente poida gozar dos partidos, como nós tamén podamos gozar da afección, que sempre nos alenta, dannos un plus e axúdannos a sacar os partidos adiante. Estou moi agradecido polo acollemento que tiven a tempada pasada e espero nesta tempada poder darlles máis alegrías”, remataba dicindo Kaoru Morioka, cheo de ganas porque empece esta segunda tempada con obxectivos renovados.

Salir de la versión móvil