Se un novo retraso por motivos sanitarios non o impide, o Baxi Ferrol debutará en liga Feminina 2 este sábado 10 de outrubro en casa, na Malata, fronte ao AD Cortegada. A primeira xornada, que as enfrontaba ao do Arxil en Pontevedra e que debía desputarse o pasado día 3 quedou adiada por orde da Federación Española de Baloncesto.
As ferrolás parten como unhas das grandes favoritas nunha competición na que non haberá equipos descendidos da primeira categoría e na que tamén estarán o Ausanta Barakaldo, Magectias de As Palmas, Agrupación Deportiva Avilés, Oses Ardoi de Navarra, Maristas Coruña, Celta Zorka, Rosalía de Santiago, Arxil de Pontevedra, Cortegada de Vilagarcía, Extremadura, Lagunera de Tenerife, Añares Rioja de Azcoitia e GDKO Ibaizabal.
O seguinte encontro de liga será en casa do Estremadura e a continuación pasará pola Malata o Lagunera de Tenerife. En total serán 26 xornadas de liga, a última desta primeira fase está prevista para o día 27 de marzo do 2021 en casa do Rosalía de Santiago.
Posteriormente, os catro mellores clasificados de cada un dos tres grupos da liga Feminina 2 disputarán un play off de ascenso á máxima categoría. A priori os maiores rivais na loitra das ferrolás por lograr recuperar a categoría serán o Barça, Unicaja, os equipos vascos e o Celta de Vigo, os equipos con máis orzamento e máis nivel nos seus planteis.