O Concello de Fene inicia a limpeza subsidiaria de oito parcelas abandonadas

A lei autonómica de prevención de incendios forestais obriga a que, antes do 31 de maio de cada ano, todas as parcelas lindeiras con vivendas e outros equipamentos públicos e privados estean libres de maleza.

O Concello de Fene inciou esta semana a roza de varias parcelas lindeiras con vivendas e vías públicas para dar cumplimento da lei autonómica de prevención de incendios forestais. Trátase dunha norma que deben cumprir todas as persoas propietarias e, de non facelo, tanto a Xunta como os concellos poden executar de forma subsidiaria os labores de roza e corta que sexan necesarios. Iso mesmo é o que está facendo o Concello de Fene desde hai uns días nos arredores de sete vivendas situadas en distintos puntos do municipio e tamén nunha parcela do polígono do Vilar do Colo.

Os traballos subsidiarios comezaron xa a semana pasada como resultado de expedientes iniciados pola área de Urbanismo que levaban abertos pero sen solución desde hai tempo. Tal e como sinala o titular do departamento, Manuel Polo, “os procedementos teñen entre 9 e 20 meses de antigüidade” e refírense a sete parcelas colindantes con vivendas nas que non se estaban respectando as distancias mínimas das faixas de protección.

Tres dos predios encóntranse en Fene, outros tres en Limodre e un en Sillobre, mentres que o oitavo é lindeiro cunha das parcelas do polígono industrial. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Polo, afirma que o Concello “será inflexible” co incumprimento da lei sinalando que quen teña propiedades “debe atendelas”. En caso contrario a Administraicón local procederá “incluso de oficio” para que se respeten distancias das plantacións e que se limpen as fincas. Os propietarios teñen ata o 31 de maio deste ano para facelo de forma voluntaria.

 

Salir de la versión móvil