O ferrolán Álex Rodríguez Rilo debuta na Copa de Europa junior deixando a cuarta mellor marca na proba de natación

A promesa da escola Javi Gómez Noya estreouse nesta nova edición europea levada a cabo na localidade catalana de Banyoles quedando en 22ª posición

Álex Rodríguez Rilo conseguiu ser 22º na súa estrea nunha Copa de Europa junior o pasado domingo 6 de setembro. O canteirán da Escola Javi Gómez Noya, nado en 2004 e sendo aínda cadete, foi convocado pola selección española para participar na proba continental que acolleu a localidade catalá de Banyoles.

Competindo contra os canteiráns españois máis prometedores, o deportista do Triatlón Ferrol destacou no segmento de natación, saíndo en cuarto lugar da auga.

Salir de la versión móvil