Thalles Henrique Lima Aleixo Flauzino é a nova incorporación coa que o Parrulo Ferrol contará no seu plantel de cara á proxima tempada. O á nado na cidade brasileira de Sao Vicente cumprirá exactamente 21 anos o vindeiro 11 de agosto, mostrando así a xuventude que lle pode aportar á entidade ferrolana.
Aínda que provén en calidade de cedido dende o Jimbee Cartagena antes de chegar a chan ferrolán estivo cedido tamén no Aspil Jumpers Ribera Navarra. Co seu último equipo disputou un total de seis partidos, onde chegou a anotar un gol ata o momento da suspensión da LNFS pola Covid-19.
Tras ser preguntado polas súas pretensións co Parrulo Ferrol, Thalles afirmou que lle chama moito o proxecto e a estrutura que ten o club, onde afirma crer que estará moi contento e cómodo cos seus novos compañeiros cos cales intentará levar á entidade ferrolana o máis alto posible da táboa.
Finalmente quixo reservar unha mensaxe á afección para que saiban o que lles espera, un mozo que loitará ata o final por esta camiseta e que intentará aportar o máximo posible para levar ao equipo cara o máis alto.
Discussion about this post