Comezou a súa carreira no Racing, e rematouna no mesmo equipo que tantas alegrías lle dera e que outras tantas regalara. Pablo Rey vestiu a camiseta verde durante un total de nove tempadas, sendo esta última sen dúbida a máis decepcionante.
Así o expresou o que era ata o momento o capitán do equipo ferrolán nas súas redes sociais tras descubrirse a súa marcha mediante unha nota de prensa feita polo club: “Después de tantos años en el Racing, e independientemente del aspecto deportivo, me gustaría haber recibido un trato acorde con mi compromiso con el club”, dicía na súa carta de despedida. Pero o que non está claro é que ao fin e ao cabo lle collera por sorpresa, xa que as intencións do club de facer limpeza de cara a vindeira tempada se amosaran a finais de xuño.
Porén, a pesar do malestar xerado pola actuación da entidade deportiva, quixo agradecer aos seguidores, a todas as peñas, aos diablos verde e ao equipo os mellores momentos que lle brindou a súa longa carreira deportiva defendendo a cor verde. “Tengo recuerdos imborrables en mi mente y experiencias que nunca olvidaré”.
A maiores, o ferrolán Pablo Rey amosou que, aínda que tivo un final indesexado, sentiuse en todos estes anos moi valorado e querido polo fútbol que facía. E malia que as súas botas non voltarán a pisar o céspede da Malata, “mi corazón siempre estará con el Racing”.
Finalmente, o capitán lembrou unhas palabras do coñecido escritor Gabriel García Márquez onde deixa claro que o Racing sempre terá un oco no seu corazón:”Recordar es fácil para quien tiene memoria, olvidar es difícil para quien tiene corazón”.
Discussion about this post