Esta mañá mantívose unha xuntanza entre a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Facenda, Román Romero, para continuar avanzando na elaboración dos orzamentos municipais do vindeiro ano 2021.
Ferreiro incidiu en que serán uns orzamentos que estarán centrados na atención das necesidades dos colectivos máis vulnerables e das medidas necesarias para erradicar a actual situación da crise sanitaria pola Covid-19.
A rexedora local asegurou que «as partidas que se reservan están perfiladas para cada unha das áreas de goberno, para poder sometelos á maior brevidade a aprobación plenaria e que poidan entrar en vigor coincidindo co novo ano, o vindeiro 1 de xaneiro de 2021».
Menos proxectos pero máis atención sociosanitaria
A alcaldesa destacou o traballo realizado polo seu equipo de goberno para poder sacar adiante este documento, consensuando unha serie de medidas que priorizan en todo momento «a atención ás persoas, aínda que isto obrigatoriamente supoña unha merma nas posibilidades inversoras para acometer grandes proxectos na nosa cidade”, confirmaba Ferreiro
Aínda así, lembrou a continuación de importantes actuacións que vivirá o municipio como a rehabilitación do muíño de Xuvia, unha das grandes apostas deste mandato en canto á recuperación de parte da historia e do patrimonio de Narón.
«Nas vindeiras semanas, unha vez que se perfilen os últimos detalles do documento contable de 2021 poderemos anunciar xa as partidas concretas que marcarán as contas do Concello do vindeiro ano», finalizaou a rexedora local.