Pontedeume saca a licitación as obras de pavimentación da rúa Río Eume e a praza Mestre Álvaro Vázquez Penedo

As arcas municipais desembolsarán un total de 35.000 euros nestas accións tan necesarias debido ao actual desgaste do pavimento causado polo continuo tráfico
obras pontedeume

O Concello de Pontedeume sacou a licitación o contrato para proceder á pavimentación da rúa Río Eume e a praza Mestre Álvaro Vázquez Penedo. As obras suporán ás arcas municipais un investimento de 35.000 euros e as empresas interesadas teñen de prazo ata o próximo 8 de outubro para optar aos traballos.

«Trátase dunha actuación moi necesaria, polo mal estado do pavimento actual e pola densidade de tráfico que rexistra a diario a zona», relatou o concelleiro de Obras de Pontedeume, Daniel Ríos. Ademais destas obras, están tamén en proceso de licitación as que o consistorio realizará na travesía Río Eume, polo que toda a manzana contará cun pavimento renovado.

Desde o ano 2015, o actual grupo de goberno do Concello de Pontedeume puxo en marcha un plan integral de renovación do conxunto de servizos e infaestruturas municipais, tanto no casco urbano como nas parroquias.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.