O Concello de Neda invertirá 35.200 euros anuais no servizo de limpeza viaria

A empresa Vázquez Garzón será a encargada de realizar tarefas de conservación e limpeza viaria, así como conservación de zonas verdes
NEDA

Tras a súa licitación mediante concurso aberto, o Concello de Neda vén de adxudicar a Vázquez Garzón o contrato do servizo de limpeza viaria a razón de 35.200 euros anuais. O contrato, por un ano, contempla a posibilidade de prórroga por outros dous, ata completar o trienio.

Segundo o contrato, o adxudicatario disporá dun mínimo de 2 traballadores/as durante todo o ano para unha boa execución das labores de conservación. Así mesmo, o contrato contempla tarefas de limpeza viaria tanto de malas herbas, maleza, follas caídas, recortes e podas, ou dos desperdicios que por calquera procedemento cheguen ás zonas incluídas no mantemento ou que se atopen depositadas naquelas papeleiras incluídas no seu perímetro.

A limpeza completarase coa retirada inmediata dos residuos e o traslado dos mesmos con medios propios aos colectores axeitados ou a calquera outro lugar que puidera ser designado e evitando que permanezan na vía pública acopios dos mesmos.

Tamén a recollida da totalidade das papeleiras e a reposición das bolsas. Así mesmo, a empresa adxudicataria deberá xestionar e trasladar aos xestores autorizados todos os residuos procedentes da limpeza.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.