O voceiro municipal e concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, lembrou na mañá deste luns, 28 de setembro, que xa están en marcha as obras de reparación do aglomerado da avenida do Mar, no barrio de Caranza. O prazo de execución destas reformas é de dous meses
O proxecto tan necesario e que afecta ao redor de dous quilómetros de vía, adxudicouse por un total de 149.900 euros. Neste orzamento incluiuse a execución do asfaltado e da pavimentación dunha das arterias máis transitadas da cidade.
Con estas accións o principal obxectivo que se pretende é reforzar o firme, exactamente desde o cruce da glorieta coa rúa Tellerías e a avenida Castelao ata o acceso á avenida das Pías, a mariores de mellorar a sinalización da vía.