Narón felicita á triatleta Paula Herrero polo seu triunfo no campionato español o pasado 5 de setembro

A alcaldesa de Narón trasladou ao presidente do club Náutico Narón, Amando Guerrero, a felicitación para a deportista polo logro acadado
Marián Ferreiro e Amando Guerrero

O pasado 5 de setembro a triatleta asturiana, Paula Herrero, proclamábase a campiona de España de élite en distancia olímpica tras facerse coa vitoria no campionato celebrado en Banyoles, Girona. É por motivo deste triunfo que hoxe, 28 de setembro, a alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu ao presidente do club Náutico Narón, Amando Guerrero, para homenaxear á deportista que, por desgraza, non puido achegarse tras atoparse en Madrid.

Unha felicitación máis que merecida

O pasado venres Paula Herrero recibiu un recibimento sorpresa no paseo marítimo de Xuvia, onde numerosos deportistas do citado club naronés a esperaban para felicitala polo resultado obtido en Banyoles e incluso se fotografiaron con ela e lle pediron autógrafos.

A homenaxeada tamén recibiu varios agasallos por parte do club, onde ao día seguinte continuou traballando coas súas compañeiras e compañeiros.

No mesmo campionato de Banyoles, Natalia Castro obtivo o 6 de setembro a terceira praza da Copa de Europa Junior e o pasado mes de agosto, os días 22 e 23, a triatleta Sara Guerrero, acadou o segundo posto do campionato de España de distancia Sprint, proclamándose o Náutico de Narón campión de España por clubes nas categorías Junior e Sub23.

A alcaldesa de Narón trasladou a Guerrero a felicitación para Paula Herrero polo resultado obtido en Banyoles e agradeceu o agasallo recibido por parte do club. Así mesmo, Ferreiro felicitou ao resto de deportistas do club naronés que participaron nas últimas competicións celebradas polos resultados obtidos e animounos a continuar traballando como ata agora para continuar sendo todo un referente do deporte na cidade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.