Cedeira invirte máis de 5.000 euros en catro novos desfibriladores ubicados en diferentes espazos

A Asociación de Veciños de Piñeiro recibirá un dos catro aparellos, contabilizando un total de 7 en todo o municipio tras o comezo desta campaña en 2017
imaxe-desfibrilador

O goberno local de Cedeira acaba de investir 5.552 euros na compra de catro novos desfibriladores para diferentes espazos municipais, dando así un paso máis nunha campaña que xa iniciara no ano 2017 coa subministración dos dous primeiros, ao que sumou outro o pasado ano.

O rexedor local subliñou que Cedeira amplía as súas zonas cardio protexidas, ao sumar xa sete desfibriladores a disposición da poboación. Os dous primeiros foron para o campo de fútbol municipal do Beco e para o Polideportivo e o último, incorporado o ano pasado, foi para o CEIP Nicolás do Río, onde estivo dispoñible para posibles urxencias na praia durante o verán.

«Os desfibriladores son equipamentos que poden ser vitais para a supervivencia dunha persoa no caso de parada cardiorespiratoria, de maneira que é evidente a importancia de contar con este recurso», dixo o alcalde.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.