Música folk, teatro e unha aproximación a The Beatles é o que ten preparado o Pazo da Cultura de Narón

O teatro naronés xa ten a súa programación deseñada para esta fin de semana, e a venda de entradas xa está dispoñible no despacho de billetes do propio Pazo
qqqq

O grupo de música folk Milladoiro actuará este venres, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura. Trátase dun concerto de apertura das Escolas Tradicionais do Padroado da Cultura e no que a formación presentará o seu último traballo, «Atlántico».

O concerto terá unha duración aproximada de hora e media, un tempo no que o público poderá escoitar este traballo, o primeiro gravado nun estudo que publica esta agrupación musical nos últimos doce anos. O disco conta cunha ducia de cancións nas que se constatará a permanente renovación dos integrantes de Milladoiro.

Adquisición de entradas

As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou a través da páxina web do Padroado: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 en tarifa reducida, esta última para persoas desempregadas ou estudantes -ata 25 anos-.

Cita teatral o vindeiro sábado

O teatro tamén regresará ao Pazo este sábado, día 3, coa representación da obra «Deje su mensaje después de la señal», da compañía Tanttaka Teatroa. A cita será ás 20.00 horas e o público poderá ver unha historia en catro voces, protagonizada por catro mulleres que confesan os seus problemas a través dun contestador automático, en lugar de enfrontarse a eles cara a cara.

As entradas teñen un prezo de 14 euros para o público xeral e de 9,80 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante -Ata 25 anos-.

O domingo reservado para os máis novos

A programación infantil tamén terá un espazo esta fin de semana no Pazo da Cultura, concretamente o domingo día 4, co espectáculo «Rock en familia. Descubriendo a The Beatles», da compañía I Wanna Management SL.

A través da música en directo toda a familia poderá gozar das cancións de artistas e grupos relevantes da historia do rock e tamén mediante contacontos e unha gran banda tributo se descubrirá a The Beatles, a banda máis encomiada pola crítica na historia da música popular.

As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público familiar; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante -Ata 25 anos- e de 6,65 para menores de 14 anos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.