Reactivada a búsqueda do pescador desaparecido no entorno da cetárea de Covas

O dispositivo despregouse por terra, mar e aire entre Cabo Prior e Meirás no noveno día desde a perda deste veciño de Narón
rescatee

Esta mañá reactivouse a búsqueda do home desparecido o pasado 20 de setembro cando saíu a pescar polos cantís da cetárea de Covas e presumiblemente caeu ao mar. A única pista que se atopou ata o momento deste veciño de Frexeiro de 59 anos foi o seu vehículo aparcado a poucos metros das rochas. Tras varias xornadas de «búsqueda pasiva», na que non se mobilizaron medios á zona, hoxe que se cumpren nove días da súa desaparición retomáronse por terra, mar e aire as labores de rastrexo.

Desde as 09.30 da mañá a embarcación de Salvamento Marítimo «Savamar Betelgeuse» peina todo o litoral desde o Cabo Prior ata a zona de Meirás. Polo aire colabora nas tarefas de búsqueda o helicóptero «Ángel 25» da Policía Nacional e esta mesa tarde uniuse tamén por mar a patrulleira Río Xallas da Garda Civil.

O dispositivo por terra o conforman membros dos Bombeiros de Ferrol, Protección Civil, Policía Local e Policía Nacional, que están a realizar batidas polos areais da comarca e polas zonas dos cantís coa esperanza de que o mar devolvese o corpo á costa.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.