Todo preparado para o inicio do Concilia Tempos Mañás no CPI Atios de Valdoviño

Aínda quedan prazas dispoñibles para apuntarse no servizo de conciliación familiar, contando cun horario máis amplo e cunhas estritas medidas de hixiene
MADRUGADORES2-1140x570

O programa municipal Concilia Tempos Mañás arrancará este xoves, 1 de outubro, no CPI Atios con 16 nenas e nenos inscritos. O Concello valorou positivamente a participación e, en todo caso, avanzou que manterá aberto o prazo para que as familias, de estar interesadas, poidan anotarse. Para iso, é preciso poñerse en contacto con Servizos Sociais a través do correo [email protected] ou teléfono 981 48 70 41 -extensión 5-.

Prolongación do horario

Finalmente, aínda que o Concello ofertou o servizo de conciliación nas unitarias de Vilarrube e Taraza non se logrou acadar un número mímino tras apuntarse só unha nena. Este servizo comezaba a prestarse o pasado curso no CPI e este ano, como principal novidade, amplíanse os seus horarios, xa que comezará ás 07.30 horas e prolongarase ata o inicio das clases.

Almorzos e actividades

A través do mesmo, ofreceranse almorzos saudables e variados e actividades como contos, conversas e música. O prezo é de 30 euros/mes e 20 euros/medio mes. Ademais, existirá un protocolo específico da Covid-19 que se cumprirá por parte das persoas acompañantes, de xeito que sexa un espazo seguro e igualmente agradable.

Manterase a distancia de seguridade e o uso de utensilios personalizados e non compartidos, do mesmo xeito que se manterán unhas entradas seguras e unha incorporación programada ao resto do grupo aula.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.