Rematan as obras de mellora do sistema de saneamento na parroquia pontesa de Espiñaredo

Cun orzamento de 42.500 euros provintes de fondos municipais, realizouse a prolongación do colector conectado ao pozo existente, cruzando o vial AC-110
Espiñaredo 2

Esta mañá, o Concello das Pontes deu por finalizadas as obras de mellora do sistema de saneamento en Espiñaredo, unha actuación que permitirá ademais evitar os verquidos superficiais.

Os traballos, cun orzamento de 42.500 euros provintes de fondos municipais, consistiron na execución da prolongación do colector conectado ao pozo existente, cruzando o vial AC-110. Para realizar o labor foi preciso realizar unha perforación horizontal dirixida desde o pozo de rexistro de entrada ata unha fosa séptica con tratamento de augas residuais.

Esta fosa sétpica conta con dous compartimentos nos que se producirá a decantación de sólidos e a separación de espumas e graxas, e o tratamento bactericida encargado de metabolizar a materia orgánica.

Estas obras forman parte do plan de traballo deseñado polo goberno local para as parroquias do rural pontés, destinado a mellorar a rede de estradas e camiños, continuar coa incorporación de novos saneamentos e ampliar os equipamentos xa existentes co obxectivo de mellorar a calidade de vida no rural, revitalizar as parroquias e promover o asentamento poblacional.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.