Continúa o descenso lento pero progresivo de positivos na área de Ferrolterra

Son un total de 148 os casos actuais de Covid-19, e nas últimas 24 horas rexistrouse un novo positivo nun centro escolar de Ferrol, o CEIP Cruceiro de Canido
O Sergas comeza a realizar os tests que conforman o estudo epidemiolóxico deseñado pola Xunta de Galicia co obxectivo de definir a auténtica dimensión da epidemia da COVID-19

Parece estabilizarse o continuo e progresivo descenso de contaxiados por coronavius na área de Ferrol, tras detectarse 2 casos menos nas últimas 24 horas, deixando o número total de activos en 148. Co de hoxe, xa son seis os días consecutivos no que Ferrolterra observa unha redución da Covid-19 nas súas respectivas localidades.

Dos actuais 148 casos, 143 atópanse en domicilio e só 5 están hospitalizados, dos cales un dos pacientes permanece ingresado na unidade de coidados intensivos, e os outros catro seguen en planta.

Desde o inicio da pandemia xa son máis de 1.000 os casos detectados tralas máis de 33.000 PCRs realizadas entre o Marcide, o punto móbil do Novoa Santos e as probas a domicilio. Estos datos confirman que a área sanitaria de Ferrolterra é a que menor incidendia de contaxios tivo, obtendo a menor tasa de positividade de toda Galicia cun 2,7%.

Volta a alarma social no ámbito educativo

Co novo positivo rexistrado hoxe no CEIP Cruceiro de Canido, xa son 7 o número total positivos pertencentes a centros escolares da comarca de Ferrolterra. Este novo caso é o segundo contabilizado na cidade ferrolá, tendo en conta outro atopado no IES Saturnino Montojo. Os demais infectados pertencían a Narón -1 no CEIP de Piñeiros e 1 no CPI do Feal-, a Fene – 1 no IES de Fene-, e dous positivos máis no municipio de Ares – os 2 no CPI As Mirandas-.

Esta nova, aínda que non é unha sorpresa, é unha novidade posto que xa se acumulaban varios días sen ter que lamentar ningún novo infectado. Polo momento, a incidencia do virus nas escolas non está a ser notoria, xa que só o centro educativo de Ares tivo que pechar unha das súas aulas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.