A axenda cultural e de ocio do fin de semana vén cargada de actividades da man do Padroado da Cultural de Narón. Mañá venres día 2, o xa tradicional concerto de apertura das Escolas Tradicionais do Padroado da Cultura correrá a cargo este ano do grupo Milladoiro, que presentará no Pazo o seu último disco “Atlántico”. Será ás 20.30 horas.
O sábado día 3 o teatro será o protagonista coa obra “Deje su mensaje después de la señal”, que se interpretará tamén no pazo da Cultura ás 20.00 horas. A compañía Tanttaka Teatroa representará esta traxicomedia contemporánea centrada en catro mulleres que, incapaces de afrontar cara a cara os seus problemas se confesan a través dun contestador automático.
Xa o domingo 4 de outubro, ás 18,30 horas, volve a música ao pazo, esta vez da mán da compañía I Wanna Management, que traerá a Narón o seu espectáculo para público familiar “Rock en familia. Descubriendo a The Beatles”. Un musical que rescata as cancións de artistas e grupos moi recoñecidos na historia do rock e que nesta ocasión descubre a The Beatles, a banda recoñecida como a máis exitosa comercialmente e máis encomiada pola crítica na historia da música popular.
As entradas para todos estes espectáculos están dispoñibles e poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura