Última semana que pemes e autónomos de Ferrol soliciten as axudas do programa PAME

Tras aboar 1,7 millóns de euros entre máis de 1.100 empresarios no mes de setembro, esta segunda convocatoria conta cunha contía de preto de 300.000 euros ata agotar os 2 millóns orzamentados inicialmente polo Concello
120498549_3353244154771716_6376476456650856503_o

O prazo para presentar solicitudes da segunda convocatoria da liña de axydas PAME- Ferrol (Plan de Mellora para a Empregabilidade) remata o próximo día 9 de outubro, ás 23.59 horas. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol. Concello de Ferrol, a través da concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica deseñou este paquete de axudas dotado de dous millóns de euros dirixido a autónomos e pymes da cidade coa finalidade de paliar os efectos negativos da covid-19 no tecido económico.

A principios do mes de setembro o Concello abonou gran parte das subvencións, 1,7 millóns entre 1.155 beneficiarios. Co remanente ata chegar aos 2 millóns, un total de 297.610 euros, o goberno local publicou unha segunda convocatoria de axudas, da que quedan excluídos os negocios que resultaron beneficiarias na anterior edición. Os interesados poden consultar toda a información na páxina web municipal do Concello de Ferrol.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.