Cabanas retoma parcialmente a normalidade con actividades culturais, deportivas e musicais

O prazo de inscrición abrirá o próximo luns día 5, e na outorgación das prazas seguirase a orde de rexistro
imagen de archivo de clases de yoga
imagen de archivo de clases de yoga

O Concello de Cabanas anuncia que retoma parcialmente as actividades socio-culturais, deportivas e recreativas para adultos, así como as musicais en todos os niveis, que se desenvolverán con maiores limitacións de aforo e cun restritivo protocolo de protección pola crise sanitaria da COVID-19.

Tanto as actividades culturais como as deportivas estarán dispoñíbeis unicamente para persoas adultas. Así, como actividade cultural ofrecerase unicamente corte e confección (tres grupos, un nas Viñas e dous en Laraxe), mentres que no ámbito deportivo haberá ioga, taichi e ximnasia pélvica e hipopresiva nas Viñas, pádel na Veiga, e exercicio físico para a saúde e pilates no Pavillón de Porto.

Por outra banda, o Concello de Cabanas tamén ofrece as actividades musicais, todas de carácter individual e dispoñíbeis tanto para persoas adultas como para menores. As persoas interesadas poden elixir entre as seguintes actividades: iniciación á música, linguaxe musical, harmonía, análise, violonchelo, piano e guitarra.

As persoas participantes interesadas en participar destas actividades deben asinar unha declaración responsábel na que se comprometan a non participar se teñen ou tiveron síntomas compatíbeis coa COVID-19 ou contacto directo con persoas positivas ou en estudo da enfermidade nos últimos 15 días, así como a cumprir estritamente os protocolos establecidos polo Concello de Cabanas para o desenvolvemento seguro das actividades.

Desde o Concello lémbrase tamén que existe unha bonificación do 10% tanto para as persoas participantes membros de familia numerosa, como para aqueles membros dunha unidade familiar na que os ingresos per cápita non acaden o IPREM, como nos casos nos que participen tres ou máis membros da mesma unidade familiar. Ademais, en casos excepcionais, pódese acordar a bonificación total previo informe do departamento de Servizos Sociais.

O prazo de inscrición abrirá o próximo luns día 5, e na outorgación das prazas seguirase a orde de rexistro, que se poderá facer de maneira presencial ou telematicamente. A información dos horarios, fichas de inscrición, modelo de declaración responsábel e autorizacións están dispoñíbeis na páxina web cabanas.gal para a súa descarga.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.