O Pazo da Culturta de Narón acollerá esta fin de semana o concerto de Los Secretos

Os espectadores tamén poderán desfrutar da comedia “Medida x Medida de Shakespeare” e o musical “Descubriendo a Queen”
descarga

O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana tres espectáculos dirixidos a público familiar e infantil. A programación prevista para os vindeiros días comezará o venres, día 9, co concerto de Los Secretos, unha banda musical con 14 discos no mercado e que forma parte do panorama musical do país dende hai corenta anos. Algúns dos seus grandes éxitos dos 80 e 90 soarán no Pazo da Cultura xunto con outros temas que ampliaron o seu repertorio durante todos estes anos. As entradas para este concerto están actualmente esgotadas.

O sábado día 10 será o turno do teatro, nesta ocasión dunha comedia a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas: “Medida x Medida de Shakespeare”. A representación comezará ás 20.00 horas no Pazo e Quico Cadaval é o director deste traballo, ambientado nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare e protagonizada polo Duque Vicenzo, que ordena aplicar rigorosamente unha lei contra os comportamentos inmorais. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Finalmente, este domingo día 11 desprazarase ao Pazo a compañía Sesnarmiga SL, que traerá o espectáculo “Rock en Familia. Descubriendo a Queen”. A partir das 18.00 horas o público poderá gozar deste espectáculo de música en directo, descubrindo cancións dos artistas máis relevantes da historia do rock. Nesta ocasión descubrirase a Queen. As entradas teñen un prezo para o público xeral de 9,50 euros; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (Ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.