A Deputación adxudica por 310.000 euros as obras de mellora da seguridade vial en Andrade

Os traballos inclúen a construción dunha senda peonil, a ampliación da estrada, a creación dunha zona de aparcamento e a mellora do alumeado
andradedeputacion

A Deputación da Coruña vén de adxudicar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP-0906 ao seu paso polo núcleo do Grove, no Concello de Pontedeume. Esta actuación, que conta cun orzamento de 310.384,07 euros, permitirá ampliar a estrada, construír unha senda peonil, crear unha zona de aparcamento e mellorar os equipamentos da zona.

Actualmente este tramo da vía conta cunha plataforma dun ancho de 5 metros e carece de beirarrúas. O obxectivo da obra é conseguir unha sección de 9 metros, cunha vía de 7 metros e construíndo unha senda peonil de 2 metros na súa marxe esquerda. Ademais, remodelarase a zona de aparcamento fronte ao colexio público de Andrade e realizarse unha urbanización xeral, mellorando equipamentos como a iluminación e a rede de pluviais en todo o tramo. A actuación abarca desde a zona de O Cruceiro (onde a estrada provincial conecta coa AC-151) ata o núcleo de O Grove.

O portavoz do Goberno provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, destacou a importancia desta actuación xa que «esta é unha zona cun importante movemento de vehículos xa que, ademais das vivendas, alí está o colexio público de Andrade polo que era necesario dotar á zona dun andén peonil seguro e aumentar a capacidade da estrada para evitar colapsos».

«A obra cumpre unha antiga demanda da veciñanza e da comunidade educativa do colexio de Andrade», afirmou Fernández. As obras teñen un prazo de execución de 5 meses a partir do seu inicio, polo que se prevé que estean rematadas a vindeira primaveira.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.