Dumbría acolle a II Copa de España de ‘Mushing’ cun circuíto renovado

A competición reunirá 160 participantes de toda España e celebrarase os días 8 e 9 de febreiro en Dumbría
Un competidor Bikejordin co seu can - Imaxe de www.olloecuestre.com

O Concello de Dumbría e o Club Alejandro Gómez organizan a segunda edición da Copa de España de ‘Mushing’ os días oito e nove de febreiro. A proba reunirá nos montes de Buxantes a 160 participantes de diversas comunidades autónomas como Galicia, Asturias, Castela e León, Aragón, Navarra, Euskadi, A Rioxa, Cataluña, Madrid e Andalucía. Entre eles, destaca a participación de César Castaño e Carla Mas, campións do mundo neste deporte.

Nesta segunda edición, o percorrido de 4 km presenta un trazado renovado, máis dinámico e accesible para os espectadores. Ademais, a organización adaptou os horarios de competición co fin de garantir as mellores condicións climatolóxicas para os animais, polo que as probas realizaranse entre as 9:00 e as 13:00 horas procurando que non se superen os 16ºC.  A seguridade e o benestar dos cans é unha prioridade para a organización, contando coa supervisión continua de equipos veterinarios e o aval da Federación Española de Deportes de Inverno e da Federación Galega.

A proba incluirá diversas disciplinas dentro do mushing terra, como o bikejoring, no que o deportista vai en bicicleta unido a un can mediante unha liña de tiro; o DS2, no que o participante compite en patín con dous cans; o DS1, que segue o mesmo formato pero cun único can; e o canicross, unha carreira a pé onde o deportista vai unido ao seu can cun cinto e unha liña de tiro. 

Desde o Concello de Dumbría destacan a importancia do deporte como motor de desenvolvemento local, apostando pola diversificación deportiva e a promoción turística da comarca.  O acceso ao evento deportivo realizarase a través da estrada DP-2302, que conecta Hospital e Cee, con zona de aparcadoiro dispoñible para os asistentes. Mentre que os participantes poderán retirar os dorsais na tarde do venres 7 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións do Conco.



Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.