A escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño será homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026

A RAG destaca "a súa defensa dun xornalismo independente" e "a calidade literataria" da súa obra, "madura e valente"
Begoña Caamaño, a homenaxeada no Dïa das Letras Galegas 2026 | RAG
Begoña Caamaño, a homenaxeada no Dïa das Letras Galegas 2026 | RAG

A Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2026 á xornalista e escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964–Santiago de Compostela, 2014). A decisión foi tomada este venres durante a sesión ordinaria do pleno da institución e anunciada polo presidente da RAG, Henrique Monteagudo, en rolda de prensa.

O vindeiro 17 de maio renderase tributo a Caamaño, quen iniciou a súa carreira literaria xa na madurez, aos 45 anos, coa novela ‘Circe ou o pracer do azul’ (2009). Tres anos despois publicou ‘Morgana en Esmelle’ (2012), obra que viu a luz pouco antes de que lle diagnosticaran un cancro que lle custaría a vida ao pouco de cumprir os 50 anos.

No eido do xornalismo, Caamaño comezou en Radio Noroeste e Radio Popular, e desde 1989 formou parte do equipo de Radio Galega, desenvolvendo un labor comprometido coa lingua e co xornalismo crítico.

Henrique Monteagudo salientou a relevancia da súa traxectoria profesional e creativa, destacando «a súa defensa dun xornalismo independente e a calidade dunha obra literaria madura e valente». A proposta de dedicarlle o Día das Letras foi aprobada por maioría absoluta na primeira votación. O segundo nome máis apoiado foi o de Miguel González Garcés.

Ana Romaní, portavoz do grupo de académicas e académicos que presentaron a candidatura de Caamaño, subliñou a importancia da súa figura, que permite achegarse tanto á ficción como ao xornalismo desde perspectivas diferentes. «Para ela, tanto a literatura como o xornalismo eran ferramentas para o coñecemento e a reflexión», explicou, poñendo en valor o seu pensamento crítico.

As persoas intervinientes coincidiron en destacar a singularidade da autora no panorama literario galego, así como a enorme calidade da súa obra, que se fixo notar desde o primeiro momento.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.