Oliver Laxe presenta a banda sonora de ‘Sirat’ en Santiago: «Estou a darme conta de que son músico»

Este venres actuará na Praza da Quintana, pero antes conversamos con el sobre a estrea de 'Sirat' e a importancia da música na película
Oliver Laxe nunha conversa con Enfoques.gal | Enfoques.gal
Oliver Laxe nunha conversa con Enfoques.gal

Moitos xa a califican como a película do ano: ‘Sirat’, de Oliver Laxe, non deixa a ninguén indiferente. Os personaxes, os planos ás veces agónicos e a súa música atrapan a aqueles que enchen as salas de cine estes días.

Precisamente a súa música encherá tamén esta noite, dende as 23:00 horas, a Praza da Quintana cun DJ set presidido por Kangding Ray e o propio cineasta. Esta actuación musical englobada dentro da programación do Festival compostelán Curtocircuíto permitirá que o público se achegue a unha banda sonora que vén de ser galardoada en Cannes.

Un elemento narrativo que Oliver Laxe considera clave e polo que se sente agradecido, pois recorda que rodando ‘O que arde’ (2019) non tivo a oportunidade de traballar cun compositor: «Naquel momento nin se plantexaba iso».

Seis anos despois e cun ‘Cannes Soundtrack’ debaixo do brazo a director asegura que «no fondo quero expresarme musicalmente […] Estou a darme conta de que son músico«.

Xunto ós ritmos electrónicos que envolven ‘Sirat’ e que soarán nesta particular ‘rave’ ós pés da Catedral de Santiago haberá unha ambientación visual creada por Adrián Canoura cun claro obxectivo: ser unha volta ás orixes da película. A eses días nos que Laxe soñaba co universo ‘Sirat’: «Cando eu escribín este guión bailando tiña moitas imaxes de camións avanzando, fundidos encadeados, transparencias…». Unhas ideas que quedaron fóra da película e que agora quere compartir co público dunha forma máis depurada que como se viron nas salas de cine, pois o artista asegura que a súa intención é que a posta en escena sexa «máis febril».

Coa mente e os pés achegándose a unha das prazas máis emblemáticas da capital de Galicia, Laxe fai un recorrido polo que foron estas semanas nas que presentou ‘Sirat’: «toda a cinefilia mundial estaba superexpectante. Non me esperaba esta acollida, e menos nunha peli deste tipo».

Con esta hospitalidade que está a recibir pode parecer doado soñar, mais Laxe asegura que o Óscar «non está nas miñas ambicións»: «Conectar co espectador é o soño de todo cineasta, ese é o gran premio». Un galardón que parece que a crítica e o público xa lle otorgou, pois o parisino asegura que «a peli está removendo moi forte, hai xente mirando cara dentro, que é o que quería».

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.