Máis alá da paixón

unnamed (7)

A teoría do triángulo do amor do psicólogo Robert Sternberg formula que existen 3 compoñentes principais nunha relación amorosa.

  • A paixón: que é o desexo sexual de gran intensidade, acompañado dunha forte tendencia a buscar a unión física e emocional da outra persoa.
  • A intimidade: é o coñecemento da persoa coa que estamos, a confianza no que é, no que fai e no que sente, e a preocupación polo seu benestar. Trátase dunha necesidade de achegamento e de compartir coa outra persoa os nosos pensamentos e sentimentos, o noso espazo interior.
  • O compromiso: é a vontade de manter o vínculo e sentimento de responsabilidade; o interese por superalas adversidades conxuntamente. Cada parella elixe que tipo de compromiso establece e que tipo de regras, dende unha relación exclusiva, de parella aberta, etc.

Segundo Sternberg, nunha relación duradeira estes 3 compoñentes deberían estar equilibrados. Pero que sucede cando un dos ingredientes, o da paixón, deixa de estar presente, ou a lo menos deixa de ser tan protagonista?

Diferentes estudos afirman que a paixón, ou tamén coñecida coma namoramento, ten unha duración aproximada de 2 anos, tempo durante o cal o noso corpo está sometido a un bombardeo brutal de sustancias;  estróxenos, testosterona, adrenalina, dopamina, etc. Realmente, podería dicirse que durante ese tempo o namoramento funciona como unha adicción. Por iso chega un momento no que a excitación debe diminuír para que o corpo volva a o seu estado natural. A paixón entra entón en estado de reserva.

Sen embargo, o noso corpo xera outra serie de sustancias, hormonas como a oxitocina, que axudan a que a paixón desmedida do comezo dunha relación torne en amor incondicional, entrando en xogo o respecto e os coidados, que son precisos para conservar a intimidade e o compromiso da relación.

Polo que alimentemos cada día a confianza coa nosa parella; consensuemos normas e proxectos de vida; expresemos as emocións de maneira recíproca; e confeccionemos espazos propios e espazos compartidos. Así, a paixón seguirá estando presente, quizás con menor intensidade que nos momentos iniciais, pero con maior estabilidade. Poñamos o nos gran de area e axudémoslle día a día á química!

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.