Lugo abre un forte debate político pola política lingüística do novo goberno

A oposición critica a supresión da área de promoción da lingua, algo que o goberno municipal define como reorganización da estrutura interna
Imaxe da nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia | Arquivo
Imaxe da nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia | Arquivo

A reorganización do Concello de Lugo tras a chegada do novo goberno do Partido Popular reactivou o debate sobre as políticas lingüísticas na administración local cando varias entidades sociais e a propia opoisición daban conta da eliminación da área específica de Promoción da Lingua Galega.

Dende o propio goberno municipal negan que este area se eliminara, mentres defenden unha reforma da estrutura de funcionamento, argumentando que a lingua debe estar presente de maneira “transversal” na acción de goberno.

PUBLICIDAD

BNG e PSdeG, en contra da nova medida municipal

Desde a oposición, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou a medida ao considerar que debilita o compromiso institucional co galego e pode favorecer a súa perda de presenza no ámbito público. Na mesma liña, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu de que prescindir dunha concellería específica supón un retroceso nas políticas de normalización lingüística e defendeu que os concellos deben manter estruturas claras para a súa promoción.

Os cruces de acusacións entre partidos na cidade seguen en aumento dende o cambio de goberno tras a polémica moción de censura que apartou ao anterior executivo municipal e levou a Elena Candia a converterse na alcaldesa de Lugo, chegando así o Partido Popular 27 anos despois ao goberno.

O Partido Popular nega a súa eliminación

Pola súa banda, o goberno local de Lugo negou que se teña eliminado a promoción da lingua galega. Segundo o consistorio, levouse a cabo unha reorganización interna do organigrama municipal que non implica a desaparición destas políticas, senón a súa integración nun modelo de traballo transversal.

O executivo local defende que esta fórmula non reduce a importancia do galego, senón que busca “reforzar a súa presenza en todas as áreas municipais”, evitando que quede limitada a un único departamento. Neste sentido, argumenta que a lingua debe estar presente de maneira “transversal” na acción de goberno, desde a cultura ata a educación, a comunicación institucional ou os servizos públicos, en lugar de concentrarse nunha única concellería.

O Concello insiste ademais en que mantén o seu “compromiso institucional firme” coa promoción e defensa do galego, e rexeita as acusacións de eliminación da área como “incorrectas” ou “descontextualizadas”. Ademais, dostén que a nova estrutura non supón unha redución de políticas lingüísticas, senón unha forma distinta de xestionalas, orientada —segundo a súa versión— a darlles maior alcance e coordinación dentro do conxunto da administración local.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.