Pull&Bear celebra o San Xoán coa súa nova colección inspirada na noite máis curta do ano

As pezas xa están dispoñibles tanto na tenda en liña de Pull&Bear como en establecementos físicos seleccionados
suadoiro san xoan

Pull&Bear vén de presentar unha colección cápsula ligada a unha das celebracións máis emblemáticas de Galicia, o San Xoán, na que tradición e estética urbana van da man. A proposta inclúe principalmente camisetas e suadoiros con deseños sinxelos pero cheos de simbolismo. As ilustracións e mensaxes fan referencia ao lume das cacharelas, aos rituais populares e a elementos moi recoñecibles da cultura galega.

A colección aposta por cores neutras e estivais, combinadas con estampados que evocan a maxia da noite de San Xoán e o carácter festivo das vilas costeiras. Trátase dunha liña pensada para un público novo, pero que tamén conecta con quen sente apego polas tradicións locais.

Algunhas das prendas da colección de San Xoán | PULL AND BEAR

Esta nova colección de San Xoán non é a primeira vez que Pull&Bear fai un xesto a Galicia. Hai apenas dúas semanas, a marca presentara outra proposta inspirada no Gran Hotel da Toxa, tomando como referencia un dos espazos máis emblemáticos da costa galega,

As pezas xa están dispoñibles tanto na tenda en liña de Pull&Bear como en establecementos físicos seleccionados, xusto a tempo para lucilas durante as celebracións do 23 de xuño. Con esta iniciativa, a marca suma unha nova colección temática ao seu catálogo, reforzando a conexión coa cultura popular e coa identidade galega.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.