A afección do Dépor pode decidir se o seu clube é “da Coruña” ata o 21 de xuño

Os abonados poden votar dende este mércores ata o domingo 21 ás 18:00 se o seu equipo pasa a adoptar a toponimia oficial da cidade da Coruña
Xogadores do Deportivo celebrando o ascenso a primeira división | @rcdeportivo
Xogadores do Deportivo celebrando o ascenso a primeira división | @rcdeportivo

O Real Club Deportivo de la Coruña vén de tomar unha importante decisión con respecto a súa identidade: mudar de nome. O equipo coruñés ofrecerá a posibilidade -ata o próximo 21 de xuño- aos seus afecionados de decidir cal será a nova designación. Os deportivistas terán a oportunidade de escoller entre: Real Club Deportivo de La Coruña, Real Club Deportivo de A Coruña ou Real Club Deportivo da Coruña.

Os socios, claves no nome do club

O proceso está reservado exclusivamente aos socios maiores de 12 anos e pretende permitir que a afeción se pronuncie sobre a designación do equipo. A través da súa páxina web, os usuarios poderán acceder á consulta mediante a identificación coa súa conta do Dépor ou co ID de Abono.

Cada socio poderá votar unha soa vez por unha das siguientes opcións: manter a denominación actual: Real Club Deportivo de La Coruña, adecuar o nombre do Clube á toponimia oficial da cidade -adoptando a denominación «Real Club Deportivo de A Coruña» en castelán– e «Real Club Deportivo da Coruña», en galego.

Os maiores de 65 anos e as personas con diversidade funcional poderán exercer o seu dereito a voto por vía telefónica ata o venres 19 ás 21:00 horas. O resultado terá carácter vinculante e a adecuación producirase no caso de que a opción B obteña a maioría simple dos votos emitidos. Ante isto, os órganos do Clube levarán a cabo as xestións necesarias para que a nova denominación se implemente na temporada deportiva 2026/2027.

Unha campaña escolar que sempre foi máis alá

A iniciativa parte da campaña #ODeporéDaCoruña, impulsada pola mocidade do IES Rafael Dieste dentro do proxecto #Aquítaménsefala, que leva un ano mobilizando apoio social e cultural. A acción foi acompañada de concertos, actividades nas rúas e a distribución de miles de adhesivos, acadando unha notable repercusión na cidade.

O cambio será o primeiro no nome do club en máis de 85 anos. A última modificación relevante produciuse en 1941, cando se recuperou a denominación de Real Club Deportivo de la Coruña tras a etapa da Segunda República. Agora, o club prepárase para unha nova etapa na que o nome oficial poderá reflectir o uso do topónimo galego, nun momento clave da súa historia.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.