A Feira Castrexa volve para facer viaxar no tempo a Cedeira

Os moradores da aldea realizarán durante a fin de semana batallas con espadas ou farán demostracións de actividades cotiás da época
A Feira Castrexa de Cedeira na edición pasada | @A.CASTRONELA
A Feira Castrexa de Cedeira na edición pasada | @A.CASTRONELA

A segunda edición da Feira Castrexa celebrarase entre os días 26 e 28 de xuño para achegar á veciñanza ao legado do castro do Sarridal co mercado de artesáns no Paseo da Mariña, a Eira dos Nenxs e o campamento na praza Roxa cunha exposición de ferramentas, vestiario, xogos e obradoiros.

Algunha das demostracións dos veciños na edición pasada da Feira Castrexa | @A.CASTRONELA

A fin de semana comezará co pregón inaugural da feira o venres ás 18:00h na praza da Marieta. As actividades, que terán lugar tanto pola mañá como pola tarde, estarán acompañadas por pasarrúas con música, espectáculos teatrais ou malabares. Un dos grandes atractivos volverá a ser o mercado de artesanía e gastronomía no Paseo da Mariña, que reunirá decenas de postos nos que se poderán adquirir produtos elaborados de maneira tradicional, así como degustar diferentes especialidades que abrirán de 18:00 a 23:30h o venres e de 11:00 a 15:00h e de 17:00 a 23:30h o sábado e o domingo.

Na Eira dos Nenxs ofrecerase máis de 18 xogos tradicionais de madeira, teatro con materiais castrexos para os máis pequenos e o campamento castrexo, que constará cunha palloza, ferramentas, vestiario e actividades cotiás da época, terá lugar na praza Roxa. As persoas participantes realizarán durante estes días demostracións de diferentes oficios e tarefas cotiás.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.