As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, entre as máis perxudicadas polos recortes da Xunta no Plan Marco de Camiños Rurais

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou unha moción do PSOE esixindo á Xunta que manteña o investimento
camiño

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou onte unha moción do PSOE esixindo á Xunta que manteña o investimento no Plan Marco de Camiños Rurais. Os socialistas criticaron que o goberno de Feijoo recortara nun 41% de media uns fondos que, en moitos casos, son a única aportación que perciben os pequenos municipios da administración autonómica.

En concreto, o Plan Marco de Mellora de Camiños Rurais comezou cun orzamento de case 20 millóns de euros en 2016 e reduciuse progresivamente ata os 11.974.836 euros cos que conta para o período 2020-2021.

As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal atópanse entre as máis afectadas por este recorte nos investimentos. En conxunto, os municipios destas zonas pasaron de recibir 1.355.776 euros en 2016 a 780.557 euros, o que supón un 42% menos. Municipios como As Pontes -49% menos-, San Sadurniño -47% menos-, Cedeira -46% menos- ou Valdoviño -47% menos- están entre os máis perxudicados de Galicia.

Este fondo é un relevante instrumento de cooperación e axuda financieira ás entidades locais que impulsa a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente da Consellería do Medio Rural. Ten como principal obxectivo subvencionar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños rurais, co fin de renovar esta rede viaria que sirve de acceso ás explotacións agrícolas do seus territorios, facilitando considerablemente a accesibilidade ás parcelas de cultivo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.