A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e a Fundación Alcoa inician esta semana o proxecto “Marzo Ambiental” cun amplo programa de conferencias, visitas técnicas, obradoiros e traballo de campo cunha ambiciosa oferta de actividades que se prolongará ao longo de todo o mes.
Co obxectivo de formar á comunidade universitaria en conceptos básicos de sustentabilidade ambiental e social e desenvolver a capacidade de actuar nas cuestións ambientais prioritarias, trataranse contidos de emerxencia climática, exercicio e saúde, impactos ambientais, Green Campus, enerxía, auga, residuos e compostaxe, ecodeseño, pegada ecolóxica, pegada hídrica, mapas de ruído e consumo de auga así como auditorías de auga e enerxía.
En Ferrol levarase a cabo un destes obradoiros. Será o mércores día 4 de marzo as 12.30 horas. A actividade levará por título “Sensibilizándonos sobre como reducir o consumo de materiais plásticos” e estará impartida por Ana Ares e María José Abad, ambas profesoras da Escola de Diseño Industrial. O cita será na aula de audiovisuais da propia escola.
Este é o calendario completo do programa “Marzo Ambiental” que organiza a UDC:
CONFERENCIAS (Asistencia libre)
- 02/03/2020, 11:00h. Mesa redonda: Conflitos ambientais en Galiza: Os límites ecolóxicos do urbano. Plataformas Casalonga Limpa de residuos e Vertedoiro Miramontes (Compostela), Manuel Soto e José A. Cortés (Profesores da UDC). Facultade de Socioloxía (Elviña), Salón de graos.
- 03/03/2020, 12h. A computer-assisted eco-critical discourse analysis. Emilia Wasikiewicz-Firlej (Univ. Adam Mickiewicz in Poznań, Dpt. of Ecocommunication). Facultade de Filoloxía (A Zapateira), Sala 2.7.
- 04/03/2020. 11-13h. O programa Green Campus na UDC (I). Francisco García (Auditor Green Campus, ADEAC-FEE), Coordinadores Comités Green Campus, OMA UDC. Facultade de Socioloxía (Elviña), Salón de actos.
- 05/03/2020, 12h. Luz sobre a factura da luz. Xosé Manuel Golpe (Especialista Enerxías Renovábeis, FAEPAC). Universidade Sénior (Riazor), Aula 2.
OBRADOIROS (Formulario inscrición)
- 03/03/2020, 11:30-13h. R de Reciclaxe: Obradoiro de compostaxe. María R. Lafuente (ADEGA). Facultade de Ciencias da Educación (Elviña), Aula -1/3
- 04/03/2020, 12:30h. Sensibilizándonos sobre como reducir o consumo de materiais plásticos. Ana Ares, María José Abad (Profesoras EUDI UDC). EU Deseño Industrial (Ferrol), Aula audiovisuais
- 04/03/2020, 18-19h. Alimentación saudábel: Que esconden as etiquetas nutricionais? Cristina Quintela (Asociación de Anorexia e Bulimia A Coruña- ABAC). Facultade de Fisioterapia (Oza), Salón de actos
Discussion about this post