Ferrol intensificará os controis e a vixilancia para que se cumpra o confinamento

As forzas e corpos de seguridade multaron só no día de onte a 25 infractores no término municipal
Imagen de archivo de dos policías
Imagen de archivo de dos policías

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, informou de que o Concello ten previsto intensificar a vixilancia por parte das forzas e corpos de seguridade do Estado para comprobar que se cumpre o confinamento decreto polo goberno central, «coincidindo coa advertencia das autoridades sanitarias da proximidade do pico de contaxios do coronavirus», explicou.

«É absolutamente necesario, sobre todo nos próximos días, que todos sexamos conscientes de que só actuando con responsabilidade poderemos superar esta crise», dixo o alcalde. Mato asegurou que haberá que estar preparados para novas restriccións das liberdade de movemento dos veciños de Ferrol e un endurecemento dos controis nas rúas. De feito, o Concello fixo públicos os datos do número de sancións impostas estes días e que denotan un aumento considerable a medida que se alargan os días de confinamento. Se o 16 e o 17 de marzo se interpuxeron 4 e 3 denuncias, este xoves día 19 o número xa ascendera a 25 denuncias.

Dende hoxe mesmo a Policía Local de Ferrol vai a empezar a facer controis conxuntos coa Policía Nacional para verificar que en todo o termo municipal se cumpran as medidas de confinamento esixidas polo Real Decreto posto en marcha a raiz da crise do coronavirus. Mato asegurou que este endurecemento da vixilancia faise para garantir que non se satura o sistema sanitario público.

«Pídolles aos veciños, máis que nunca, paciencia e comprensión. O noso obxectivo é protexer a saúde de todos a cada unos dos cidadáns de Ferrol e da súa comarca», explicou o alcalde socialista. Mato lembrou que os voluntarios de Protección Civil están desenvolvendo tarefas de axuda a aquelas persoas que non poden obter os recursos básicos, como comida ou medicamentos, polos seus propios medios.

 

Relacionadas