O desempregados non terá que selar o paro ata o 30 de xuño

A Xunta habilitou unha nova web para aqueles que teñan que rexistrarse no servizo de emprego por primeira vez
WhatsApp Image 2020-04-17 at 1.38.51 PM
A Xunta, en coordinación co Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) decidiu que, debido á situación excepcional que está a vivir a comunidade con motivo da emerxencia sanitaria por coronavirus, os demandantes de emprego non terán que renovar as súas demandas ata o próximo 30 de xuño.
Así mesmo, indican que se algún usuario necesita realizar algún trámite urxente poderá facelo a través da oficina virtual ou poñéndose en contacto de forma telefónica co centro de emprego que lle corresponda. Tamén quedan suspendidas as citas previstas de orientación laboral que se fosen a realizar de maneira presencial, así como as accións de formación para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta, os talleres e os programas integrados.
Ademáis, habilitouse unha nova web para que as persoas que necesiten darse de alta no servizo de emprego por primeira vez podan facelo de forma telemática.

Relacionadas