O festival celta de Ortigueira terá que esperar ata 2021

A organización anunciu esta mañá que suspende o evento e que se destinará todo a presupuesto deste ano a servizos sociais e a axudar as pemes e autónomos do municipio.
Guidewires-irlandeses-solicitados-noche-Ortigueira_EDIIMA20130712_0175_4

A organización do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira vén de anunciar que suspende o evento para este ano 2020 a causa da crise mundial do Covid-19. Tras varias reunións e avaliar todos os posibles escenarios, a organización decidiu non celebrar a edición deste ano e centrar os seus recursos en paliar os efectos da crise sanitaria no tecido social e empresarial da comarca.

O alcalde, Juan Muras, explicou “despois de diferentes reunións en marzo e abril entre o Concello e os diversos axentes implicados de organización, coordinación e seguridade, e a pesar de que moitos outros festivais manteñen as súas datas, tomamos a decisión de non celebrar esta edición, tres meses antes do seu inicio para non incorrer en ningún gasto que nos impedise dedicar os seus recursos ao que agora é verdadeiramente importante, a loita contra os efectos que a emerxencia sanitaria provocará naqueles colectivos máis sensible».

Xa se anunciou que as datas do próximo ano serán do 14 ao 18 de xullo, tal e como estaba previsto este verán. Os organizadores do evento explicaron que «este virus ataca o espírito mesmo da filosofía do Festival internacional do Mundo Celta de Ortigueira. O noso non é un evento no que se poidan gardar as distancias, é un festival de compartir, de estar xuntos», pero anuncian que haberá moitas novidades que se irán comunicando en próximas datas: «podemos avanzar que se ampliarán os concertos no noso escenario principal un día máis, pasando de catro a cinco días e comezando o mércores en lugar do xoves».

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.