Novo falecemento na residencia de maiores de Pontedeume a causa do Covid-19

Calcúlase que hai preto dunha treintena de casos en centros da terceira idade nas comarcas
IMG_1947.JPG_1

A residencia de maiores «As Fragas» de Pontedeume sumou hoxe unha nova vítima mortal por coronavirus, segundo informou este mediodía a Dirección Xeral de Saúde Pública. O centro, no que tamén hai infectados dous traballadores, é un dos principais focos de contaxios de Covid na comarca do Eume, con 13 casos detectados ata o momento.

Esta é xa a terceira vítima mortal no centro de maiores de Pontedeume por coronavirus e súmase as outras 24 que xa perderon a vida a causa do covid nas comarcas. En total, fora dos hospitais comarcais, contabilízanse unha treintena de casos que se reparte principalmente neste centro eumés, na residencia de Piñeiros, en Narón, e no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física de Ferrol.

A residencia de Caranza, a salvo do virus.

Onte a consellería de Política Social informou de que a residencia pública de maiores de Caranza non presentou ningún caso positivo de coronavirus. O departamento da Xunta realizou durante esta semana as probas aos 157 residentes e 114 traballadores que cohabitan no centro, que resultaron ser todas negativas.

Relacionadas