Ferrol reforza o persoal de servizos sociais pola crise sanitaria

Hoxe mesmo incorporáronse seis novos empregados para xestionar a asistencia por dependencia, as emerxencias xeradas pola pandemia ou a entrega de vales de comida
1586082200264

O Concello de Ferrol vén de reforzar o persoal dos servizos sociais municipais con motivo das necesidades que a crise sanitaria polo Covid-19 está a xerar entre a poboación da cidade. Hoxe mesmo incorporáronse á concellería de Benestar Social tres traballadores sociais e outros tres auxiliares para o tempo que dure o confinamento máis outros tres meses.

Deste modo, unha traballadora social e un auxiliar dedicaranse ao servizo de axuda no fogar despois de que o Concello contratara outras 2.000 novas horas para xestionar emerxencias motivadas pola pandemia unha vez a Xunta concedera máis. Tamén se encargarán do novo servizo de atención telefónica a maiores que a concellería poñerá en marcha nas próximas datas unha vez as asociacións veciñais remitan ao Concello o listado dos veciños máis vulnerables.

Outras dúas traballadoras sociais e un auxiliar reforzarán a xestión de emerxencias e a entrega de vales para produtos de primeira necesidade e, por último, o terceiro auxiliar intensificará os labores habituais do negociado. Deste modo, os seis novos empregados centraranse na resolución da Risga (Renda de inclusión social de Galicia), o servizo á dependencia e o seguimento aos usuarios dos servizos sociais municipais, entre outras tarefas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.