O Sergas xa contabiliza os curados na área de Ferrol e deixa o número de casos activos en 159

Máis de 200 persoas obtiveron xa a alta epidemiolóxica tras non presentar síntomas despois de 14 días ou dar negativo nos test PCR
chuf

A área sanitaria de Ferrol xa dispón dende hoxe dun rexistro de altas epidemiolóxicas, é dicir, de persoas curadas tras superar o coronavirus. Ata o momento só se dispoñía do número de altas hospitalarias e do número total de doentes diagnosticados desde o inicio da pandemia, pero non se coñecía cantas das persoas que estaban nas súas casas xa superaran o Covid-19.

Segundo os novos datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública o número actual de casos activos é de 159 persoas, lonxe dos 407 que casos que se coñecían como diagnosticados totais ata onte, polo que máis de 200 persoas xa superaron o virus. Para actualizar este novo rexistro, o Sergas tivo en conta tanto os PCR que deron negativas como os casos que non volveron a presentar síntomas tras 14 días desde a súa detección.

Dos actuais activos, 5 permanecen na UCI e outros 26 están en unidades de hospitalización. O resto,128 doentes, están no seu domicilio baixo vixilancia telefónica. Non se rexistraron novos falecementos nas últimas horas, polo que a cifra de vítimas mortais segue sendo de 27 persoas, 3 delas falecidas nas residencias de maiores das comarcas e 24 nos centros hospitalarios.

 

Relacionadas