O Pazo acolle este sábado a representación da peza de teatro contemporáneo “Othello”

A representación dará comezo ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados
Na peza emprégase a comedia como xeradora do discurso sobre a dor e a rabia
Na peza emprégase a comedia como xeradora do discurso sobre a dor e a rabia

A compañía Voadora traerá este sábado, día 28, ao Pazo da Cultura, a peza de teatro contemporáneo “Othello”, baseada na novela escrita hai máis de 400 anos por William Shakespeare e dirixida agora por Marta Pazos, pero cuxa temática está de novo próxima no tempo.

A representación dará comezo ás 20:00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Unha muller europea e un home africano namóranse pero ao final el asasínaa, convertíndose Othello en vítima e verdugo debido a un feminicidio que xorde dunha mentira e por entender como propio o que non se pode posuír. Na peza emprégase a comedia como xeradora do discurso sobre a dor e a rabia para que o público se pregunte que pode facer dende o presente para deter o tempo no relato, pero xa é tarde.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.