Neda habilitará 316.000 euros para varias obras viais

Realizaranse un total de 14 intervencións de acondicionamento en camiños e accesos municipais
Arquivo - Traballos no camiño do Vilar
Arquivo - Traballos no camiño do Vilar

O Concello de Neda habilitará unha partida de 316.526,94 euros para, con fondos propios, acometer unha serie de obras de mellora de camiños en pistas municipais. Esta semana, a corporación aprobaba en pleno, e por unanimidade, a modificación de crédito para dotar de fondos estas actuacións.

Agora, o expediente someterase a información pública e, no caso de non recibir alegacións, quedará definitivamente aprobado. A partir de aí, o Concello estará en disposición de sacar a contratación as intervencións, 14 en total.

Os proxectos están redactados, e en 8 das 14 zonas de actuación, solicitados os informes sectoriais pertinentes ás diferentes administracións e organismos, tal que Demarcación de Costas, Adif ou Augas de Galicia, entre outros.

As obras de acondicionamento levaranse a cabo en Porta da Pena (Viladonelle), Regueiro, Os Foxos, Toeleira, Os Tortos, Coto-Principiño, Vilar-Sandes, vila de Anca, Carballal, As Barreiras, Riocobo, Médico Cebreiro, camiño Ribeira de Santa María e o vial de acceso ao polideportivo de Anca

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.