Pontedeume realiza traballos de limpeza e chorreo nas rúas, prazas e camiños de Cabria Nova

Estas tarefas se extenderán a outras zonas do casco urbano de Pontedeume e as parroquias nos próximos días
Traballos dos operarios municipais esta mañá | CONCELLO DE PONTEDEUME
Traballos dos operarios municipais esta mañá | CONCELLO DE PONTEDEUME

O Concello de Pontedeume levou a cabo nestes días tarefas de limpeza e chorreo polas rúas, prazas e camiños da zona rural. Dando resposta ás demandas veciñais, o concello realiza de forma periódica por diferentes puntos da vila estes traballos, mellorando a imaxe e o tránsito de persoas e vehículos.

Coas máquinas de chorreo elimínase a suciedade e o verdín en beirarrúas e zonas de paso peonil, polo que se reducen as posibilidades de esvaramento. Estas tarefas se extenderán a outras zonas do casco urbano de Pontedeume e as parroquias nos próximos días.

“Desde que chegamos ao goberno local no ano 2015 prometimos manter a nosa vila no mellor estado posible, con actuacións de mantemento e limpeza moi necesarias para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”, explica Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.